top of page

Eugène Atget e a Fotografía Surrealista.

Os círculos surrealistas, comezaron a interesarse polas fotografías de Eugéne Atget en datas temperáns e dende 1926 é recoñecido coma o precursor do surrealismo.

Dende o comezo do movemento surrealista, foi unha figura respectada e afamada polo colectivo. A interpretación do seu traballo documental cara un discurso máis estético, iniciouse en 1925. O seu xeito de plasmar o París do século XIX fascinou aos novos artistas e ilustrou as súas ideas mellor que ninguén.


Atget foi descuberto en vida por a vangarda da fotografía porque vivía na mesma rúa de Montparnasse que o artista Man Ray, quen viu elementos surrealistas inconscientes nas súas imaxes. Tamén foi importante o papel da súa axudante, Bernice Abbott, quen se apaixona polo seu traballo e acude ao seu taller recollendo a súa obra e presentándoa posteriormente en diversas exposicións e publicacións tanto europeas coma estadounidenses.


Pode dicirse que a vontade de Atget era a de facerse co Vello París, e por elo crea distintas clasificacións e tipoloxías coas que vai traballando. Iso responde a súa intención de crear unha especie de catálogo na que se vaian incluíndo distintos aspectos dese vello París que está a piques de desaparecer. A historiadora estadounidense María Morris Hambourg, deu a coñecer o sistema de organización do traballo de Atget, e estableceu cinco series principais:


Paysages- Documents [Paisajes y documentos],

Environs [Alrededores],

Paris pinttoresque, [París pintoresco]

L’Art dans le vieux Paris[El Arte del viejo París],

Topographie du vieux Paris [Topografía del viejo París].


Segundo Walter Benjamin, as fotografías deEugéne Atget de tema parisino, anticipan afotografía surrealista. Foi imaxe da revista LaRevolution Surrealiste en varias ocasións eforon varias as revistas de vangardas as que publicaron o seu traballo (Variétés, Transition o ReD) incluso, en 1930 publicaríase un libro enteiramente consagrado as súas imaxes en Francia, Alemaña e os Estados Unidos.


A obra de Atget representa en moitas áreas o que, para xs “fotógrafxs serixs”, é a esencia da fotografía. A partires de 1928 comezaron a ser consideradas como portadoras dunha dimensión poética que habería que descifrar.As rúas de París, aparecen case sempre baleiras, como propuxo Walter Benjamin, retratadas baixo ese aparente “baleiro infernal” ou como indicou Walker Evans, coma o “lugar do crime”.


Atget pode interpretarse como a testemuña dun París que estaba a piques de desaparecer, as costumes das xentes que habitaran dende xa un tempo inmemorial, agora parecen ser captados por el no momento xusto de esvaecerse para sempre.

Xs surrealistas atoparon un termo para definir o que Atget facía, as “montaxes encontradas” que lles resultaría atractivo á hora de empregalo para as súas propias producións artísticas.


As “montaxes encontradas”poden ser definidas como a superposición de dúas imaxes nunha mesma instantánea, coma si dunha sobreexposición se tratara, creando unha especie de montaxe casual.

Un exemplo: collendo o modelo dunha fachada dun café parisino, fotografada de xeito frontal, de maneira que o reflexo do corpo de Atget aparece de pé fronte a súa cámara fixa, deposítase no cristal da porta no mesmo punto no que o rostro do propietario atravesa a mesma superficie especular dende dentro. Desta maneira, o espazo que hai diante e detrás da superficie da imaxe, son un único plano liso.


Ademais de ser elevado á categoría de artista excepcional por parte do movemento surrealista, Atgetfoi profundamente admirado pordistintos movementosfotográficos.


O que sen dúbida foi Eugène Atget é un fotógrafo: en parte cazador, en parte historiador, en parte artesán, ladrón de imaxes, mestre, taxonomista e poeta. A obra que creou nos seus trinta anos de profesión tal vez aporte o mellor exemplo do que debería ser un fotógrafo.


Un bo exemplo da influencia de Atget, pode ser o fotógrafo Cartier-Bresson. Nunha das fotografías realizadas en Rouen atopamos claramente a influencia de Atget e o concepto de “montaxes encontradas”. Se collemos o exemplo da fotografía Eugène Atget, Boulevard de Strasbourg, Corsets, observamos un escaparate abarrotado de plastróns, camisas e xemelgos.

“[...] Más adelante, conocí unos fotógrafos que tenían copias de Atget; me impresionaron mucho. Entonces fue cuando me compré un trípode, un velo negro, un aparato de 9x12 de nogal encerado, equipado con un tapón de objetivo que hacía las veces de obturador; esto me permitía enfrentarme únicamente a lo que no se movía. [...]”

Do mesmo xeito que Atget saía reflexado nesas fotografías coa súa enorme cámara fixa, Henri Cartier-Bresson aparece na lustrosa vitrina dese comercio. Segundo estas imaxes, é, de feito, o reflexo dun Atget o que perseguen xs novxs fotógraxs; pero un reflexo dobremente reflexivo, retomado tanto polo surrealismo e as montaxes encontradas, como por outrxs artistas doutros movementos alleos o surrealismo.

Non obtemos nada máis que iso. Non vemos un corpo humano, un rostro ou unha expresión, unicamente obtemos o documento do comercio e a incógnita do reflexo, a incerteza do que haberá en fronte a ese espazo.

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay etiquetas aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page