A miña experiencia na Mercedes Benz Fashion Week Madrid
Fai máis ou menos un mes, a miña amiga Laura escribiume para invitarme a ir con ela ao desfile da firma Becomely que se celebraba na semana da Moda de Madrid, coñecida como “La Cibeles”, rebautizada actualmente como “Mercedes Benz Fashion Week Madrid”, case tan longo como o nome da Duquesa de Alba.
Chegamos a Madrid despois dunha viaxe en tren que se nos fixo eterna porque íamos un pouco excitadas por todo o que nos esperaba. Barallabamos un montón de posibilidades e ata fixemos unha porra de cantxs personaxes íamos atoparnos. Pese a toda esa fantasía teen, a miña amiga e mais eu, tiñamos todo o tempo o telón de fondo de que a Cibeles non nos ía deixar pampas nin moito menos.
Aínda así, o domingo erguémonos ben cedo para ir con tempo ata Ifema. Collemos un metro dirección “Feria de Madrid” e conforme as estacións ían pasando aquelo íase enchendo de xente que se dirixía cara o mesmo sitio que nos.
A cousa era evidente polo tipo de roupa que levabamos xs alí presentes, aínda que tampouco era unha tolemia, non había ninguén co que cuchichearas “Buah que lookazo/ que estilazo” máis ben o nivel era básico.
A instantánea alí reproducida era curiosa ata para unhx Walter Evans de la vida.
Chegamos a Ifema, sitio máis ben, triste. Como o polígono de San Cibrán das Viñas pero máis ó bestia. Un mamotreto de formigón e cristalera tiña unha faixa enorme que rezaba ese eterno nome ao que nos encamiñabamos.
O nivel seguía sendo o mesmo, aínda que a medida que nos acercabamos a xente tomaba unha actitude máis de influencer/blogger/algo posando ata nunhas escaleiras pochas que había alá.
Na porta do recinto esperaban xs fotógrafxs enviadxs polos medios retratando todo atisbo de estilo. A nos sacáronnos unha foto pero non a vimos publicada en ningún lado, non pasamos o filtro. JÓ.
Collemos as nosas acreditacións, subimos unhas escaleras mecánicas e o bulicio xa se intuía. Cruzamos a porta e Oh! Xa estabamos no “Cibelespacio”.
Aquí pasou o seguinte:
A miña expectativa: uns cantos stands de medios de comunicación, algún que outro sitio para tomar algo e porque non, stands especializados en moda, que sei eu, de universidades con grao en diseño de moda, másters, escolas de deseño, arte, escaparatismo....
O que alí había: stands de revistas, de auga, de café instantáneo, de varias marcas de coches, un de ciruxía estética (LOL), unha Dj bastante chunga...
E colas de xente. Colas para todo.
Todo era básicamente, revistas gratuítas, unha camiseta de publicidade dunha marca coa túa foto estampada e os productos que ofrecían o resto dos stands dos que falei antes.
O lado de todo este ambiente, estaba o espazo reservado para xs deseñadorxs da Samsung Ego, con stands coas súas prendas á venda, cousa que a min gustoume ben porque puiden ver, tocar e claro que si, mercar cousas que me fan gracia. Así que isto, molt be.
A única cola que fixemos nós era a que nos interesaba de todo ese lugar, a do desfile de María Escoté. Alí estabamos Laura e máis eu como dúas columnas dóricas, intentando que ninguén se nos colase. Puxéronnos un pouco dos nervios unhas adolescentes que seguramente estaban algo colocadas polo café instantáneo gratuíto, que flipaban con ABSOLUTAMENTE TODO.
“TIaaaaaaa esa salía en el Chiringuito de Pepe”
“Mamaaaaaaaaaa ACABO DE VER A MARÍA POMBO!” berraba unha polo teléfono co bracket por fora.
E nada, nós alí, un pouco ata o moño de estar esperando ata que nos puxemos o seu nivel coa chegada de Soy Una Pringada.
Real.
Entramos.
O desfile alucinoume. Non teño nada malo que dicir disto, a proposta, o leitmotiv, a música…marabilloso.
O que si, o espazo é un pouco “cutre”. Cando o ves dende a casa non da esa sensación, e aínda que xs diseñadorxs e xs equipos fan o posible por ambientalo coa luz e algunhxs con atrezzo a cousa segue a ser un pouco comme ci comme ça.
Cando rematou o desfile, marchamos a casa a comer e pola tarde estábamos como con resaca do Ortigueira.
O Martes voltamos e a cousa máis ou menos seguía na mesma liña, pero xa non había tanto mogollón de xente e o ambiente, lixeiramente era distinto. Ese día si que vimos algún que outro lookazo, pero tampouco nada para volverse tolas.
Estivemos no desfile de Becomely e no de Lie Lysianne, que me pareceron os dous moi top. De feito, teño que decir que me sorprendeu gratamente a cantidade de xente que ía con prendas do xa coñecido coello da firma.
En resumo: si volvera a xurdir unha invitación como esta, repetiría sen dubidalo polo simple feito de consumir moda en directo.
Se houbese algo que puidera aportar: gustaríame que se vira máis moda na semana da moda. Que houbera algunha que outra charla dalgunhx diseñadorx, traballadorx, teóricx, docente, etc sobre o gran abanico de temas sobre os que hoxe en día se poden tratar deste eido.
Penso que Cibeles/ Mercedes Benz Fashion Week Madrid céntrase moito na cuestión publicitaria, cousa que ben feita tampouco é un drama, pero que quizáis o que alí máis se percibía era un ambiente de “mercadillo” que a cuestión “fashion” en si mesma.