Desmontando Tendencias: A/W Parte I
- Lúa Lomo
- 23 oct 2017
- 2 Min. de lectura
O outono parece que chegou xa (por fin!) e os primeiros looks máis “in” viñeron con el. Xa estamos cheirando algún que outro instagramazo fashion e as rúas estanse animando co que van ser xs abanderadxs da temporada en materia de TENDENCIA.
Hoxe veño a desmontar algúns.
BOTAS ALTAS POR ENRIBA DOS NOCELLOS
Xa en pleno agosto comezamos a ver na parrilla das tendas online botas deste calibre. Dulceida púxoas na semana da moda de Milán, e seguro que algunhx xa fantasiamos con posibles combinacións deste must.
Eu pola contra, imaxínome a min mesma quitándoas ó chegar a casa e tendo que meter as pernas nunha tina para que me volva circular o sangue.
Tamén teño a sensación de que se poño algunha destas botas, seguramente a caña me chegue ata o sobaco, así que por agora é un accesorio co que non me vou atrever.

CHAROL
Pantalóns, botas, chaquetas, faldas, bolsos… o charol ven pisando máis forte que nunca. Dende a miña completa ignorancia, sempre me preguntei canto tempo necesitaría unha persoa para enfundarse dentro dun pantalón de charol, ata que descubrín que lle meten un forro por dentro para que non sexa unha odisea.
En calquer caso, o pavor que lle teño sigue aí. Sempre penso na mítica escena de Ross Geller de Friends pasándoo moi mal intentando poñerse uns pantalóns de coiro no baño dunha rapaza descoñecida.
Vai ser algo que nos canse rápido, e cando se esgote en todas as súas expresións, teremos que despedirnos deste coiro/plástico durante unhas cantas temporadas.
BLAZERS OVERSIZE
Blazers máis grandes que un mundo!
Se pensabas que ías aparecer traída directamente dos 80, con ese aire de macarrilla elegante, de Pretty Woman paseando polas rúas de Los Angels, me temo dicirte que NON estabas no certo.
Desatouse a loucura nas redes cunha destas prendas transformada en vestido que sacou Zara esta temporada, pasando a ser un “imprescindible no noso armario”.
Balenciaga xa nos adiantaba isto na colección S/S do ano pasado, pero agora aparecen ata debaixo das pedras, como as Spice Girls nos 90.
Si consegues que che quede ben, xenial, xa conseguiches o teu look ideal! (para ir igual que moita xente)
BOINA DE MARIÑEIRO
Isto é real 100%. Cada vez que vexo unha boina deste estilo me lembra ás gorros de traballo que usan xs carniceirxs. Debe ser porque a min quédanme horribles e en vez de darme un aire cool, dea a sensación de que te vaia cortar 150gramos de mortadela. Recoñezo que hai a quen lle da un aire moi bohemio si se combina con gusto e non como un accesorio comodín que vaia ata co batín de andar pola casa.
コメント