top of page

As "Mimosas" de Oliver Laxe chegan ás salas

  • Foto del escritor: NORTE NORTE
    NORTE NORTE
  • 5 ene 2017
  • 1 Min. de lectura

Tras sete anos de espera, o cineasta galego, Oliver Laxe (París#1, 2007; Todos vós sodes capitáns, 2010) estrea o seu último filme, Mimosas, gañador do premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes, e que probablemente sexa a súa película de máis de xénero no que vai de carreira. Mimosas, sumérxenos nunha auténtica viaxe metafísica e sensorial a través do Atlas, na que o home camiña sen rumbo, únicamente guiado pola súa vivenza interior e que vén a ser o resultado da mestura do carácter nómada do director e da súa inmersión na cultura sufista.


Se non tivestes a oportunidade aínda de ver a película, esta tarde no cinema NUMAX, o seu director fará unha presentación e un coloquio posterior ao filme durante o primeiro pase desta, ás 18:00, e que estamos segurxs de que non defraudará a ninguén, polo que vos animamos a disfrutar deste acontecemento que asemella ser un dos máis prometedores do ano.



 
 
 

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

© 2016 by NORTE Cultural

  • Grey Facebook Icon
  • Grey Instagram Icon
bottom of page