top of page

Maldita Decadencia. The Future is Female: entrevista a Sara Nora.

Sara Nora é a persoa que hai detrás do proxecto MalditaDecadencia.

Esta moza ourensá despois de darlle moito a cabeza, decidiu lanzarse ao desenvolvemento que nun principio era unha vía de escape para ela, a ilustración de mandalas feitos a man. Falamos con ela e contounos todas estas cousas:



Ola Nora! Cóntanos, como xorde MalditaDecadencia?


Este proxecto ten as súas raíces fai uns anos. Comecei a colorear os típicos libros de mandalas como entretemento, para relaxarme, pero de aí a algún tempo, entroume a curiosidade e decidín probar a facelos eu.

Podes imaxinar, ó principio un desastre! Nada simétrico…todo liñas tortas!

Pero como era algo que me relaxaba, por algunha razón decidín continuar e fun mellorando considerablemente cada día.


Entón, subscribes a idea de que os mandalas poden chegar a ser una boa terapia relaxante, ou incluso un coidado paliativo contra a ansiedade? Ademais de ser algo estético.


Dende a miña propia experiencia, cando estaba a estudar psicoloxía, tiña ouvido algunha vez sobre estes efectos terapéuticos dos mandalas, e foi durante un difícil momento da miña vida cando decidín comezar e realmente funcionaron de marabilla!

Resulta que iso que se dicía era certo e é unha forma de disolver a ansiedade.


Obrígache a que esteas concentrada e vaias pensando no seguinte paso.

Todo é un exercicio de concentración, dende as cores que vas a usar, os patróns…ata as texturas!

É un traballo moi completo porque é creativo, pero o mesmo tempo rutinario, e esa rutina e creatividade fan que sexa un proceso relaxante e relaxado.


Agora estás nun punto moito máis serio do proxecto o ter sacado xa á venta parte do teu material en libretas, marca páxinas, bolsas de tela…non é?


Si, este ano finalmente decidín, despois da insistencia e apoio de todos os do meu redor, en facelo algo máis oficial.

Primeiro introducinme nas redes sociais como MalditaDecadencia, logo invertín cartos nos Totobags e comecei a deseñar a tope. Estes meses fun recorrendo feiras e asociacións lisboetas vendendo os meus deseños e facendo contactos. Na capital portuguesa descubrín xente marabillosa que ten a arte como a súa forma de vida e ensinoume como facelo. Dende logo non podes darte grandes luxos pero con traballo pódese facer!


Entón Lisboa foi unha grande aliada neste proceso!


Dende logo!


E como levas o tema de xestionar todo isto dende as redes? Porque MalditaDecadencia a día de hoxe vive disto non?


En canto as redes sociais, todo depende. Eu creo que se tes un proxecto a pequena escala como é o meu, axudan moito coa difusión, sobre todo se queres vender por internet é a única forma: tes de colgar o teu traballo na rede.


E pensas que isto pode chegar a ser prexudicial para o mundo da venta da arte?


No caso da arte nunha escala superior entendo que as redes poden dar lugar a moito plaxio e banalización da obras, xa que se todo o mundo ten aceso dunha forma tan rápida e impersoal as mesmas, poden perder valor. As novas xeracións cas novas tecnoloxías caemos nese erro de ir as presas, de facer un check e pasar de largo como se fósemos xa expertos, algo moi afastado da realidade.

Que nos podes dicir sobre a etiqueta de #feminismo dentro do teu proxecto?


MalditaDecadencia márcase dende logo como un proxecto feminista, porque no que ao feminismo se refire, ou estás do seu lado ou non o estás. Non hai punto medio: ou cres na igualdade das mulleres ou non.

Algúns mandalas van acompañados de frases, como pode ser o meu mandala máis demandado: ‘’The future is female’’.

Con isto gustaríame aclarar, debido algunha acusación de hembrismo que tiven estes meses, que non é unha frase para tomar literalmente.

Aquí estamos a falar de contraste; contraste co pasado gobernado e protagonizado por homes. Estamos a falar dun futuro no que as mulleres destacarán como merecen, polos seus méritos e logros que foron, e ainda son, cruelmente agochados.


E barallas a posibilidade de, nun futuro, expoñer ou presentar MalditaDecadencia como unha proposta artística?


Pois a verdade encantaríame poder continuar co proxecto nun futuro e espero poder facelo este ano. Sen embargo, agora mesmo vou continuar ca miña carreira no ámbito social, polo que MalditaDecadencia quedará nun segundo plano, aínda que dende logo non vou deixar de deseñar. Pode ser que algún día, se melloro o suficiente e teño tempo poida enfocalo dunha forma aínda máis oficial e facer algunha exposición, pode que con deseños mais grandes e elaborados.

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay etiquetas aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page