top of page

Escenas do Cambio. Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción (31/I ~ 15/II)

Escenas do Cambio. Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción presenta hoxe no Centro Gaiás a súa terceira edición, unha proposta que tenta seguir cos camiños abertos nos últimos anos: traballos e formatos non convencionais, proxectos coa comunidade, acompañamento de artistas, convite á participación e implicación total do público, presenza de teatro documental... Neste 2017 a proposta centrarase na vontade de ocupación do espazo, dende a Biblioteca e Arquivo de Galicia, as Torres Hejduk ou as plantas do Museo Centro Gaiás ata a vía pública de Compostela e a estación de ferrocarril. Un proxecto que resúltanos interesante por esta vontade de desencorsetar a arte do museo e do teatro, destes espazos convencionais, para ir en busca dos límites da representación. Así, estas accións alcanzarán unha maior profundidade e dinamismo.


A proposta se centra en artistas galegos, pero tamén mira cara África, Europa e América Latina, destacando a presenza desta última como fonte inspiradora, especialmente na apertura cara a artistas procedentes de Chile e da Arxentina.

A partir desta edición o festival asóciase á Rede “The Time We Share” para dar un paso máis na vocación internacional que o mesmo ten.


Varios dos obradoiros e traballos deste ano estarán orientados a esa cartografía do lugar, a saber que elementos externos forman o feito teatral, canto se pode desvelar da representación, enfrontala aos seus límites, reformular a dicotomía dentro-fóra, cuestionar os límites do corpo, e as relacións dos corpos coa historia.


Deixámosvos o programa do festival para que non vos perdades nada. Podedes mercar as entradas para cada función (8€ +gastos de xestión) no Museo Centro Gaiás, puntos físicos Ataquilla ou na propia web. Recordade preguntar por descontos para colectivos especiais (alumnos ESAD de GAlicia, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, carné universitario, carné xova, carné USC...). As funcións gratuitas son as seguites:


• The Quiet Volume

• Crazy but true (Prototype)

• Magdalena Arau

• Entrenamiento para la libertad

• Aparato radical. Work in progress

• Suministros

• Porque yo soy tú porque tú eres yo porque somos otros

E as de acceso libre ata completar aforo:


• A veces creo que te veo.

• Entre [ hu] ecos.

Disfrutade, vémonos no Gaiás!

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay etiquetas aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page