top of page

Relicarios del Acto Creador de Reme Remedios

Relicarios de los sabores de la luz

Existen los seres que aquí veis

desde otra metafísica dimensión

nos llegan sus nombres exactos

Vienen mensajeros

de luz

de enseñanza

de verdad

y de frecuencia

Traen al mundo

una ruta descifrada

un camino a descubrir

Si recorres con atención

sus trazados

verás en ti reflejado

el sabor exacto

de cada rayo de luz

que nos sostiene.

Bea Romarty, 2015.



Cando nun mesmo espazo conflúen experiencia mística, esencia creadora e capacidade para encarnar a fe máis íntima, saen á luz acontecementos como a exposición Relicarios del acto creador, da man de Reme Remedios para Aire Centro de Arte. O título da mostra fai referencia aos obxectos que custodian o que a artista chama as “Reliquias do acto creador”, definidas coma froitos ou “pegadas matéricas” do mesmo.

NORTE puido asistir á presentación deste conxunto de caixas custodias da súa obra, xunto cun público que axiña se viu envolto na atmosfera case ritual das orixes da creación artística. Ademais, Reme Remedios ofreceu, a través desta entrevista, a posibilidade de confrontar o cotián con aquela e afondar nas súas profundidades.

A mostra estará dispoñible ata o 1/11/2016.


NORTE. Un dos aspectos que nos chamou a atención da obra presentada hoxe, foi o emprego do téxtil, en concreto da lá, e interésanos saber cal é a relación deste material coa obra.

Reme. Bueno, eu sempre me movo por un vínculo emocional, unha relación emocional tanto cos materiais como coa relación que logo teño cos materiais, entón a lá neste momento, acababa de descubrir un lugar en Astorga, que é o val de San Lourenzo que é un sitio onde teñen tradición, de xeracións e xeracións, o traballo coa lá e seguen facéndoo como o facían antes, entón eu visito este lugar e me atopo, coa preciosidade que rodea o procoeso da lá, dende esquilar ás ovellas facer o lavado, o cardado...e bueno, tráiome lás de alí, e aprendo a facer a técnica “nuno” que é a que eu logo empreguei nestas pezas que é unha forma de texer a lá sen facer falla telar e agullas, xa que se obten mediante un proceso de auga quente e fría e xabón. A cor tamén é un vínculo emocional, nese momento sentía que esa cor dábame forza e unha alegría que eu estaba sentindo que necesitaba neste momento da miña vida. Case todo o que fago vai sempre así, unido ao meu proceso vital e ao que me vou atopando, coma neste caso o Val de San Lourenzo.


NORTE. Tamén empregas pezas de ganchillo, as fas ti?

Reme. Algúns os fago eu e outros a miña nai. Son ganchillos que fixo a miña nai durante tempo e soe decirme “por se algún día os aproveitas para algo” e neste caso aproveiteinos. Ademáis tamén fixen eu algúns.


NORTE. Que ben!

Reme. Si, é moi lindo. Unha das cousas que nos ensinou a miña nai, a min e as miñas irmáns foi a coser e a bordar, e a facer ganchillo, e un dos primeiros agasallos que nos fixo foi unha máquina de coser. Na adolescencia reveleime moitísimo contra esto, porque me parecía unha actitude moi machista pola súa parte xa que aos meus irmáns non lles ensinou e a nós si. Pero bueno, cando pasou toda esta liorta, estou moi agradecida cara esta ensinanza de tradición e do que hoxe en día se di tanto, como que tamén é unha arte, algo que se pode visivilizar como o traballo da muller que estivo sempre oculto. E tamén me gusta moito empregalo e facelo.


NORTE. En relación co tema da feminidade, se nos suxería sobre todo a obra das caixiñas de cristal, onde hai unha figura que ten organos sexuais de ambos sexos, supoñemos que se remonta ao tema da orixe presente na túa obra, e preguntámonos se a sexualidade é algo que trascende na túa obra ou é algo concreto destas pezas.

Reme. O certo é que non me plantexei este vínculo neste debuxo en concreto, ou da sexualidade e co que me plantexades. Para min, estes debuxos, e as forma na que os realizo, poñéndome diante do papel co rotulador e deixándome levar co que veña. É por iso que digo que é unha ofrenda de fé ou algo semellante. Non me plantexo nada conceptual niun nada filosófico á hora de debuxar. Entón é como unh estado de deixalo estar e está ben, tampouco sacar tanttas conclusións, nesta obra o fago así.


NORTE. Entón é un proceso máis automático non?

Reme. Si, o que é o debuxo si, o que é a parte de composición non, xa é un proceso máis agarimoso.


NORTE. Unha parte da túa obra está relacionada co Tarot, e nós por descoñecemento, esto non o sabiamos. Interésanos o motivo polo cal empregaches esta ferramenta. Ten que ver directamente co que nos comentas de ti en relación co proceso creativo ou é algo que ten un sentido máis espiritual?

Reme. Bueno, eu son aficionada aos Tarots, gústame moito a poesía da vida e creo que o Tartot pode traernos moita poesía. Unha poesía fermosa e que a min me resulta últi, entón, cando eu quixen poñerlle palabras a estes seres, que eu lles teño cariño e agradecemento polo acompañamento do proceso que fan. Pero a min me parecía que as palabras que eu puidera poñerlles non ían a ter moito sentido, non ían a corresponderlles moito. Entón lembreime do Tarot e tamén do I Ching e empecei a facer un xogo de palabras, de cortar e pegar un pouco en relación ao cadáver exquisito. E daí saíron e é máis como unha ofrenda cara eles e non tanto como unha mensaxe que eles queiran entregarnos a nós. É como un agasallo, e daí ven.


NORTE. E isto está presente noutras creacións ou é algo específico disto?

Reme. Fixen algunha acción, algunha performance con Tarot fai anos, nos que eu lía o Tarot, a cambio regalábanme unha pintura que era como colectiva, e isto regresou ao seu dono. Durante un tempo fixen lecturas de Tarot, sen ter nada que ver cunha proposta artística, aínda que unha lectura do Tarot xa é unha proposta artística en si mesma, por toda a poesía que pecha en si mesma, a metáfora e tamén ó que nos abre a nivel interno. Ábrenos cara un mundo de misterio e de entregarnos a que realmente hai algo máis alá de nós, e algo que é necesario para a vida. E esto, non ten nada que ver co cotiá, o palpable, a realidade do comer e a necesidade de saúde e de contacto co outro non exista, senon que iso sí e esto tamén. Entón, é moi bonito cando descubrimos isto, porque creo que tamén nos leva a un espazo de confianza onde a vida ten algún tipo de sentido, porque eu sinto, que para min é moi dificil atoparlle un sentido á vida, sobre todo cando miramos ó noso redor e vemos tantas cousas horribles que están sucedendo, entón as veces abrirse a esta especie de misterio nos da outra perspectiva, e o Tarot a min dama. E non só o Tarot, senón tamén calquer xogo que poidas facer de entregarte a algo que non ten moito que ver co que estás vendo e ten unha lóxica lineal.


NORTE. Entón o tema relicario neste caso, está relacionado co sentido máis espiritual que poida ter esta palabra?

Reme. Esto vai tamen pola recuperación dos símbolos dos que se apropiaron algunhas relixións. Entón eu cando digo “Relicarios del Acto Creador” refírese a que o espiritual en min dase a través dese momento de creación, e o acto creador neste caso para min o é todo, é esa entrega que eu fago a que algo que é superior a min se mostre, pero tamén é o paso de todo o que son eu e o meu corpo e de como estou eu nese momento e os materiais que emprego. Entón é como que se une todo e eu tamén me apropio deste concepto de relicario, facendo que as reliquias que quedan dese momento de crear todo isto que estou expresando pois se quede reflexado nestas composicións e nestos contenedores.

 

Cuando en un mismo espacio confluyen experiencia mística, esencia creadora y capacidad para encarnar la fe más íntima, salen a la luz acontecimientos como la exposición Relicarios del acto creador, de la mano de Reme Remedios para Aire Centro de Arte. El título de la muestra hace referencia a los objetos que custodian lo que la artista llama las “Reliquias del acto creador”, definidas como frutos o “huellas matéricas” del mismo.

NORTE pudo asistir a la presentación de este conjunto de cajas custodias de su obra, junto con un público que enseguida se vio envuelto en la atmósfera casi ritual de los orígenes de la creación artística. Además, Reme Remedios ofreció, a través de esta entrevista, la posibilidad de confrontar lo cotidiano con aquella y ahondar en sus posibilidades.

La muestra estará disponible hasta el 1/11/2016.

Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay etiquetas aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page